cargando
 CONTACTAR email
 PROCURAR  
  enviar
2008 FEDEGALMA | DISEÑO WEB: SURESTE WORKS
scrolldown
scrollup

Cursiño monográfico sobre Asesoría en lactación materna, na Coruña
O trato coas nais
ALMA
Sábado 18 de Setembro de 10 a 13:30h
Impartido por Natalia Pérez Mátínez, matrona e asesora de lactancia.
Inscripcións: almalactancia@gmail.com-655 12 98 19
5 € soci@s de fedegalma, 10€ non soci@s.
Ingresos no número de conta: 2100 46 10 2122 00032414
Formulario de Inscrición:ficheros/file/FORMULARIO%20INSCRIPCI%C3%93N%20CURSILLO.doc
Lugar : Centro Cívico de Rosales, Praza elíptica S/N, 15011. A Coruña

 

Cursiño monográfico sobre hipogalactia en Lugo.
Bico de Leite
Sábado 10 de xullo de 10 a 13:30h
Impartido por Patricia López Izquierdo, nai e asesora en Bico de Leite, actual presidenta de Fedegalma.
"A hipogalactia ou falta de leite, posibles causas e opcións de manexo"

Inscripcións en fedegalma@fedegalma.org,teléfono :600556187

5€ para soci@s de Fedegalma e 15€para o resto.
Lugar: Centro social Maruja Mallo, R/Carril das Hortas S/N.Lugo

Obradoiro gratuito de iniciación ós portabebés
 Mámoa Pontevedra
Venres 2 de Xullo  ás 17 h no centro de Saúde Virxe da Peregrina (sala de matronas)
Falarase dos beneficios dos portabebés ergonómicos e amosaranse as posibilidades de uso.
Prazas limitados ó aforo da sala; prégase confirmar asistencia en: 696386970 ou mamoapontevedra@gmail.com


 

NOTA: Ver cursos de formación e outras actividades mais abaixo.

II Concurso de Fotografía sobre lactación materna FEDEGALMA 2010

BASES DO CONCURSO

1. TEMA PEL CON PEL NO MUNDO.

As nais que crían precisan do agarimo dos seus. A mirada amorosa,
o toque comprensivo, a palabra nutritiva, cos beizos, co corazón...
para que esa fonte que é unha nai, non deixe de fluír en amor e
alimento para o seu bebé. As nais que crían precisan ó aloumiño do
seu contorno.

2. PARTICIPANTES
Maiores de 18 anos que residan actualmente
no territorio español.

3. OBRAS
  MODALIDADE: As fotografías serán orixinais, en branco e negro
ou cor, cun formato de 20 x 25 cm. As obras deberán presentar-
se tamén en soporte dixital ou por correo electrónico á dirección:
pingadoce1@gmail.com. En caso contrario, quedarán excluídas do
concurso. A resolución será de 300 ppp.

  NÚMERO DE FOTOGRAFÍAS: Máximo de 3 por participante.
  IDENTIFICACIÓN: No mesmo envío adxuntarase a Folla de Datos
do participante e fotografiad@s, coa autorización asinada.

4. PRAZO DE PRESENTACIÓN Ata o 30 de xuño de 2010.
5. ENVÍO: PINGA DOCE, rúa Irmáns Maristas, 14-2o A · 36700 · TUI.
6. PREMIOS

1o PREMIO: 600€ / 2o PREMIO: 400€ / 3o PREMIO: 200€


A entrega de premios terá lugar en Santiago de Compostela durante
a celebración da Semana Mundial da Lactación Materna 2010. @s
gañador@s serán informados previamente e comprométense a estar
presentes o día da entrega de premios.

7. XURADO Estará composto por un fotógraf@ profesional, unha
comadroa, unha representante de FEDEGALMA e outro da Editorial
Galaxia. Non poderán participar os familiares directos dos membros
do xurado.

8. USO DAS OBRAS:
As fotografías poderán ser utilizadas por FEDEGALMA, a DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA E PLANIFICACIÓN
ou a EDITORIAL GALAXIA, para a promoción da lactación materna en
toda clase de soportes: publicacións, exposicións, carteis, páxinas
web... Os autores ou autoras seleccionados ceden así os seus derei-
tos sobre as fotos. Sempre que estas se utilicen en soportes impre-
sos deberá citarse o nome do autor ou autora da mesma.


9. ACEPTACIÓN DAS BASES E OBSERVACIÓNS
A participación
no concurso leva implícito o coñecemento e a aceptación destas
bases. As obras que non cumpran cos requirimentos destas bases
quedarán excluídas do concurso.
No caso de aparecer na fotografía outros menores de 18 anos será necesaria
tamén a sinatura e o número do DNI do pai/nai/titor/titora legal dos mesmos.

 Podedes descargar o formulario cos datos do participante par enviar xunto coas fotografías aquí :ficheros/file/DATOS%20DO%20PARTICIPANTE%20II%20CONCURSO.pdf

Rolda de Prensa de Presentación do II Concurso  de Fotografía FEDEGALMA 2010
Venres 27 de maio de 2010 na casa do libro de Vigo ás 13:30h

Cursiño de Nanas en Ponteareas.
A Peito

26 de Xuño pola mañá
Inscrición : apeitoponteareas@gmail.com
Tfn :986648625, Prezo: 20€

 CURSO DE NANAS impartido por UGIA PEDREIRA e ROSA BUGALLO que terá lugar em Ponteareas o dia 26 de Junho. No curso fará-se um achegamento a dez nanas galegas com explicaçom sociológica e práctica em grupo. As pessoas assistentes escutarám umha das vozes mais reconhecidas da cançom galega actual e aprenderám a melodia e as letras das nanas seleccionadas. Também se tratará o significado da voz e o seu poder emocional tanto no útero como nos primeiros anos de vida. No final do dia os pais e as maes comporám a sua própria cançom.

O curso durará toda a manhám e, se o tempo o permitir, iremos todas juntas a comer em plam picnic ao parque da Freixa para pôr em acçom todos os conhecimentos adquiridos!!

O curso tem um custe de 20 euros por pessoa e os nenos som ben-vindos; ainda que contamos cum espaço exterior para os que queiram brincar.


 


Presentación do libro de Adolfo Gómez Papí :
"El poder de las caricias, Crecer sin lágrimas"

Venres 4 de Xuño,ás 11:30h no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela

Entrada libre
 


Cursiño Monográfico sobre lactancia materna e bebés prematuros
a cargo do Dr. Adolfo Gómez Papi

Mámoa ( Santiago de Compostela)

Venres 4 de Xuño

Sá de usos múltiples da casa das Asociacións en Cormes (maps.google.com/maps/ms
Horario: De16:30 a 20:30 h

"Lactancia materna en prematuros. Vinculo afectivo y relación de apego en el prematuro"   a cargo de Adolfo Gómez-Papí, pediatra da unidade neonatal e UCI Pediátrica do hospital Universitario de Tarragona “Joan XXIII”, hospital Amigo de los Niños dende 1997; vocal do Comité de Lactancia da AEP; vocal do grupo de formación Iniciativa para la Humanización de la Asistencia al Nacimiento y a la Lactancia.

O custo do monográfico é de 15€ para non socias e 5€ para socias dos grupos de FEDEGALMA
Inscripcións enviando un correo a bibifernandezlema@gmail.com
ou chamando aos números  881 959 747; 637 894 050.


 

Cursiño de Destrezas básicas en lactación materna
Bico de Leite
Sábado 5 de xuño
Salón de Actos del Concello de Xove- Lugo
Horario: 9 a 14 e de 16 a 20 horas.
Servizo de gardería para maiores de 1 ano.

Programa:
Fundamentos da Lactación.
Autoafianzamento do bebé.
Microbioloxia da lactación materna.
Hipogalactia e instrumentos de lactancia.
Anquiloglosia.
Consellería na lactancia materna.

Ponentes:
Helena Herrero, IBCLC, presidenta de Amamantar-Asturias.
Patricia López Izquierdo, presidenta de FEDEGALMA, madre asesora de Bico de Leite.
Araceli Gutiérrez Rodríguez, madre asesora de Bico de Leite.

tfno inscripción e información: 648 711 035
Gratuito.

Obradoiro de portabebés. Kanguras
Sábado 15 de Maio ás 11:30h.
Céntro Cívico de Feáns.
Disporemos de varios modelos de portabebés para que os coñecas e os poidas probar.
 Mais información www.kanguras.org

XORNADA DE FORMACIÓN para asesoras  de lactación
"O AGARRE NA LACTACIÓN MATERNA"por Alba Padró Arocas, IBCLC
Sabado 17 de Abril de 10 a 14h
Escola de enfermería do Campus de Esteiro (Ferrol)
Prezo : 5 € para soci@s de FEDEGALMA; 15 € para non soci@s
Incripción :680113845; Ingreso no nº de CC :2091 0235 58 3040001592
Organiza BBTTA

Kanguras
Exposición itinerante : Eu tamén son Fonte
Sábado 27 de Marzo de 11:30 á 13:30  chocolatada.
Centro comercial "Dolce Vita"  de A Coruña

Monólogo Teatral no Hospital Materno infantil Teresa Herrera.

Luns 29 de Marzo, ás 12 da mañá, no vestíbulo do Hospital
Como continuación ás movilizacións e protestas polo peche da Unidade de Educación Maternal, do Hospital Materno Infantil "Teresa Herrera" da Coruña, pertencente ao Centro Hospitalario Universitario da Coruña, o Lúns 29 de Marzo, ás 12.00 da mañán, se realizará un "Monólogo teatral". Este "Monólogo" se interpretará no vestíbulo do Hospital, en no mismo acto se ofrecerá información sobre os motivos polos que @s usuari@s da Unidade, consideran fundamental que non se peche, así como recollida de firmas para presentar ante a Administración".


Pinga Doce
Obradoiro de masaxe-Yoga.
15 de Febreiro de 2010, Centro Xer, Tui(Pontevedra)

Obradoiros de Psicomotricidade.

17 de Marzo de 2010, Escola de Danza Paula Cobián, Tui( Pontevedra)
 Obradoiro de danza para bebés
Bebés que camiñan sós e ata os 3 anos, as 11h.
Bebés ata que camiñan sós, ás 12h.
Prazas limitadas, Confirmar
asistencia no teléfono:654 883 586 (Toñi)
Levar roupa cómoda, e calcetís de algodón ou antideslizantes
.

10 de Abril de 2010, Obradoiro de Piscina para bebés.
As 11:45  na piscina do ximnasio Dison , en Tui



 

XORNADAS- ENCONTRO- VISIÓNS  DeLeite, Vigo

Charla coloquio : "DEREITOS LABORAIS NO TEMPO DO EMBARAZO E A LACTACIÓN"
   Por Esther Mariño , Ténica en Igualdade
  Dia 22 de Xaneiro ás 18 horas , no centro Social Guindastre; Rúa Xulián Estévez 22, Teis.

Mesa redonda : " O VÍNCULO".
  Invitadas ; Pilar Moreira ( Achuchar, Brabanza) María González ( Comadrona) , Mamer e Sara ( Nais), Belén Piñeiro ( educadora de masaxe infantil) Fabiola e Rosana ( doulas)
  Dia 29 de Xaneiro  ás 18 horas ; na Casa das Mulleres, Rúa Roimil 20

Visións :   EMBARAZO,PARTO E LACTACIÓN.
  Organiza DeLEITE
Día 5 de Febreiro ás 18 horas, no local da AC Agarimar, Rúa Real, 12.

 Alternativas á educación na esciola convencional.
Invitadas : Marta Garcia representando a A.L.E.,Rosa Graña A. Cultural Pléyades.
Día 19 de febreiro, ás 18 horas no local deo Centro social A Faisca, Rñua Toledo, 9( detrás da igrexa dos picos) Calvario.
 

 XORNADAS DA CRIANÇA NATURAL, en Ourense.
Organizado pola Assambleia de Mulleres As lerchas  e polo Centro Social A Esmorga.
Sábado 28 de Novembro
11:30h : Sesión de Aleitamento público na Praza maior
12:30h Palestra-coloquio, cos grupos de apoio a lactación : Coliño, Deleite e Mámoa
No centro de promoción da Saúde da rúa Vasco da Ponte ó carón do conservatorio de música

lerchas.blogspot.com/

EXPOSICIÓN:"EU TAMÉN SON FONTE" En Santiago de Compostela
Centro Socio Cultural da Trisca
Do 6 ó 20 de outubro
Centro SocioCultural de Fontiñas.
A partires do 21 de outubro
Unha pequena viaxe hacia á maternidade a cargo de Teresa Moure (autora do texto ) e de Leandro Lamas responsable das ilustracións.

 Unha poética exposición ideal para futuras nais e tamén para vistar en familia.
 O formato de libro atópase a venda en librarías.

 

SEMANA MUNDIAL DA LACTACIÓN MATERNA 2009
Celebración conxunta en NARÓN (organiza BBTTA)
Narón, Sábado 10 ás 17h. Praza da Gándara:
Gran festa da Teta
Haberá xogos infantís, contacontos, inchables, globoflexia, obradoiro de cancións coa Banda de Gaitas do Padroado do Concello de Narón.

Festa da lactación materna de Tui (Organiza Pinga Doce)
Domingo 4 de Outubro, de 12 a 14h na Corredoira
 Tetada Pública, haberá xogos, maquillaxes,...

CHARLA DE ROSA JOVÉ
Organizado por FEDEGALMA, Bico de leite e AGADEI

Lugo, sábado 19 de setembro
11h no salón Arosa do Gran Hotel, rúa Ramón Ferreiro 21

A Coruña, sábado 19 de agosto, 17h
17h. no Hotel Tryp Coruña. Avda. Ramón y Cajal 53, xunto ó Corte Inglés

TALLER DE ADQUISICIÓN DE DESTREZAS AVANZADAS EN LACTANCIA MATERNA
Ferrol, sábado 25 e domingo 26 de setembro
Campus universitario de Esteiro
Organizado por BBTA
Máis información na súa páxina web.

CHARLA E ENTREGA DE PREMIOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA LACTANCIA MATERNA FEDEGALMA-NOIA 2009
Noia, sábado 13 de xuño
Coliseo Noela

17:00 h Charla-conderencia "Como apoiar a lactación materna" Dr. J. Manuel Martín Morales, pediatra na fundación pública Hospital do Barbanza.
17:30 h Entrega de premios do I Concurso de Fotografía FEDEGALMA

TALLER DE ADQUISICIÓN DE DESTREZAS BÁSICAS EN CONSELLERÍA DE LACTANCIA MATERNA
Moaña, sábado 30 de maio e domingo 31

"LA CRIANZA FELIZ" CHARLA ROSA JOVÉ
A Coruña, mércores 6 de maio
Salón de actos da Fundación Caixa Galicia
Hora: 17:30-19:30
Rúa Médico Rodríguez 2

SINATURA DE LIBROS DE TERESA MOURE E LEANDRO LAMAS
Ferrol, xoves 23 de abril
Coincidindo co día do libro o xoves día 23 de abril, no Centro Comercial Odeón estarán Leandro Lamas ás 12 da mañá e Teresa Moure ás 18h para asinar exemplares aproveitando que a exposición do conto EU TAMÉN SON FONTE se atopa en dito centro comercial.


I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA LACTANCIA MATERNA FEDEGALMA-NOIA 2009
Descargar cartaz
Descargar bases en castelán
Descargar folleto

Recepción de fotografías antes do 20 de maio

Coa finalidade de promover a Lactación Materna, a matrona de Noia: Pilar Burke, decide organizar en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Apoio á Lactación Materna (FEDEGALMA), e coa participación da Dirección Xeral de Saúde Pública, e o Excmo. Concello de Noia un concurso de fotografía, con fotos realizadas ás nais que aleitan os seus fillos e fillas en diferentes situacións da vida: no campo, na praia, nunha cafetería ou restaurante,...

      As BASES DO CONCURSO son as seguintes:

   1. As fotografías serán orixinais e deberán versar sobre a Lactación Materna na vida cotiá.
   2. A fotografías serán de tamaño 20x25, en branco e negro ou en cor, e cun máximo de tres por participante. Sempre que sexa posible enviarase tamén en formato electrónico (JPEG, JPG) nun CD, ou ben por correo electrónico a fedegalma@fedegalma.org

            Enviaranse ó seguinte enderezo:

            Centro de Saúde (Att. Matrona)

            C/ República Arxentina s/n

            15200 Noia-A Coruña

   3. No mesmo envío adxuntaranse os datos do participante:
          * Nome completo.
          * DNI.
          * Enderezo.
          * Teléfono de contacto.
          * Enderezo de correo electrónico (se o ten).
          * Nome da nai e do neno ou nenos protagonistas.
          * Autorización firmada aceptando expresamente as bases do concurso e a utilización de ditas imaxes en promoción da Lactación Materna.

   4. Admitiranse as fotografías recibidas antes do 20 de Maio.
   5. Non poderán participar familiares directos dos membros do xurado.
   6. O xurado estará formado por: unha enfermeira de pediatría, a matrona de Noia, un representante do Concello, un fotógrafo, unha socia representante de FEDEGALMA e un representante da Direción Xeral de Saúde Pública.
   7. O fallo do xurado será inapelable.
   8. Non se devolverán as fotografías. En todo caso poderán ser utilizadas pola organización e os patrocinadores do Concurso (FEDEGALMA e Dirección Xeral de Saúde Pública) con fins de promoción da Lactación Materna en diferentes ámbitos: publicacións, exposicións, carteis,...

 

PREMIOS

          o Un primeiro premio de 1.000€ á mellor fotografía.
          o Un segundo premio de 600€.
          o Un terceiro premio de 400€.
          o Un cuarto premio de 200€ en cheques regalo para gastar en comercios da vila.

   9. Farase unha exposición con todas as fotografías recibidas no “Teatro Coliseo Noela” os días 12 e 13 de Xuño.
   10. Os premios entregaranse  ó final da Charla sobre Lactación Materna, que se celebrará no mesmo lugar da exposición o día 13 de Xuño. Os gañadores serán informados previamente.


I ENCONTRO NACIONAL DE ACCIÓNS PARA UN FUTURO SOSTIBLE (suspendido)
SANTIAGO DE COMPOSTELA
17-19 de abril de 2009
Participación de Patricia López Izquierdo, presidenta de FEDEGALMA o sábado día 18 ás 12:30h cunha charla sobre lactación materna.
Programa completo
Máis información

CURSO-TALLER CON HELENA HERRERO
A CORUÑA
11 e 12 de abril de 2009
Data límite de inscrición 5 de abril

Máis información: www.kanguras.org
 

CHARLA-TALLER DE LACTANCIA PARA FUTURAS MAMÁS - CRIANDO
A Coruña

Exposición do conto EU TAMÉN SON FONTE

VIGO-VILABOA
17-31 marzo 2009
Casa da cultura, en horario de tardes.
O día 24 haberá unha charla sobre masaxe infantil.

TUI
2-27 febreiro 2009
Salón de Exposicións Municipal

 

CURSO DE CAPACITACIÓN EN LACTANCIA MATERNA

NARÓN
26 Xaneiro ás 9:30 AM se abre o prazo de matrícula

O curso celecrarase os días 6, 13, 20, 27 de Febreiro e 6, 13, 20 de Marzo en horario de 16 a 20h no CPI O Feal de Narón.
Admitiranse solicitudes ata as 15h do venres 30 de Xaneiro e as admisións faranse por rigurosa orde de recepción. Prazas limitadas.
As solicitudes faranse no teléfono 680113845.
A lista provisional de admitidos publicarase o día 30 de Xaneiro en
www.bbtta.es. A inscripción farase efectiva mediante o aboamento único por ingreso bancario de 20€ por asistente antes do día 5 de Febreiro de 2009.

Requisitos :

  • Ser membro dalgunha asociación pertencente a Fedegalma.
  • Estar ó día no pago de cuotas de dita asociación.
  • Xustificante de ingreso bancario do pago do curso.

Os requisitos acreditaranse mediante os xustificantes de aboamento correspondentes o día do inicio do curso.

 

Exposición do conto EU TAMÉN SON FONTE

LUGO
1-15 Decembro 2008

Centro Social Municipal Uxío Novoneira
http://www.editorialgalaxia.es/actualidade/nova.php?id_noticia=786

RIBEIRA
Novembro 2008
http://www.editorialgalaxia.es/actualidade/nova.php?id_noticia=765

 

SEMANA MUNDIAL DA LACTACIÓN MATERNA 2008

ACTIVIDADES EN MOAÑA - CHUCHAMEL
Xornada conxunta.
Domingo 5 de Outubro do 2008.

10:30
Praza do Concello de Moaña. Benvida aos grupos e persoas participantes.

11:00
Salón de Plenos do Concello de Moaña. Presentación das Xornadas, por *Dna.Marisol Santomé Portela,* matrona de atención primaria e Cofundadora e Presidenta da "Asociación Chuchamel en Apoio da lactación Materna" e un representante do Concello de Moaña.

11:30
Salón de plenos do Concello de Moaña. Mesa de debate sobre o lema da SMLM 2008 "Apoio á nai: construíndo o éxito". Participarán como ponentes:
   - *Dna. Mª Pilar Moreira Estévez*, Diplomada universitaria en enfermería pola Universidade de Vigo, enfermeira na Fundación Pública Hospital da Barbanza, cofundadora e presidenta da "Asociación para a promoción da maternidade, crianza e lactancia materna ACHUCHAR" e o
   - *Dr. José Manuel Martín Morales*, Licenciado en Medicina e Cirurxía, Especialista en Pediatría na F.P.H.da Barbanza dende 1999, membro do Comité de Lactación Materna da Asociación Española de Pediatría, e membro do Comité Cientifico nos III e IV Congresos Nacionais de Lactación Materna.

13:30
Praza do Concello. Concerto de arpa a cargo de Dna. Elena Paz.
Sesión de aleitamento público.

14:30
Xantar de confraternidade. Todas as persoas asistentes poderán comer xuntas, coma xeito de favorecer o intercambio de experiencias de crianza e lactación, así como a convivencia de familias de distintos puntos de Galicia. Colexio Reibón

De 16:30 a 19:00
Tempo de lecer. Actividades para pais e nenos no  Colexio Reibón.
Estamos concretando a realización de distintos talleres,como por exemplo o de construcción de instrumentos populares "Os nosos primeiros sons" (Tomás Rábanos Muro), de disfraces e xogos, de música, de pintura (coa colaboración da asociación Latexo), de contos, etc.


ACTIVIDADES EN RIVEIRA - ACHUCHAR
Venres 3 de Outubro do 2008
18:30 a 20
Actividades lúdicas para nenos e maiores :contacontos e outras animacións.

Sábado 4 de Outubro do 2008
17:30 a 20
Lectura do manifesto ó finalizar.
 

ACTIVIDADES EN LUGO - BICO DE LEITE
Ventes 3 de Outubro do 2008
19:00


ACTIVIDADES EN OURENSE - COLIÑO

 

ACTIVIDADES EN NARÓN - BBTTA

Venres 3 de Outubro do 2008
18:30- 20
Actividades lúdicas para nenos e maiores: contacontos e outras animacións.

Sábado 4 de Outubro do 2008
17:30- 20
Lectura do manifesto ó finalizar